Axenda

Trilitrate
sábado 21 febreiro 2015
Vistas : 425

Un ano despois de pasar pola rúa Cega presentando o seu primeiro disco "Faláchesme na man", por fin os imos ter ao completo, música e video creación ao vivo, estreando un feixe de temas novos...

Elena Vázquez. Violín
Marcos Padrón. Acordeón
Rubén Abad. Guitarra
Lau Iturralde. Vídeo proxeccións

Este é un proxecto que abrangue música acústica e videocreación en tempo real; trátase dunha composición colectiva que ten como fin crear algo persoal e inédito. Esta formación crea sons descoñecidos que desafían calquera categoría e abren novos sendeiros na música acústica. Desdebuxan as liñas existentes entre a composición e a improvisación; revelando influencias de estilos tan afastados entre si como poden ser a música clásica, a improvisación libre, o hardcore, o post-rock ou o noise. Interpretan ademais música étnica orixinal dentro de un universo propio. Esta atmosfera complétase mediante estímulos visuais.

Lugar: Taberna O Rincón - Cangas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.