Axenda

Pablo Díaz. Xente miúda, moita fartura
From sábado 21 febreiro 2015
To domingo 22 febreiro 2015
Vistas : 611

Esta fin de semana teredes no Fórum Metropolitano a Pablo Díaz presentando o seu novo traballo, "Xente miúda, moita fartura". Será o sábado 21 ás 18.30 h e o domingo 22 ás 12.30 h.

O creador do traballo, Pablo Díaz, rodéase nesta ocasión tanto na gravación como nos concertos en directo, dos grandes e coñecidos músicos Carmen Rey (piano e voz) e Tito Calviño (guitarra acústica), con ritmos e melodías máis próximas para os máis pequeniños.

Máis info: http://bit.ly/1wgdfJH


Lugar: Fórum Metropolitano - A Coruña