Axenda

73 Foliada no Lar
sexta feira 27 febreiro 2015
Vistas : 285

73 Foliada no Lar (As Pontes)

Pasado o Entroido, maravillosamente acompañado de esa dieta lixeira do cocido, as orellas e os freixós, voltamos as Foliadas do Lar onde a Música, as voces d@s cantareir@s e os bailes tradicinais se dan cita cada derradeiro venres de mes.

Este mes somos o Grupo No Cómbaro os responsables da 73 Foliada, polo que nos sentimos ben satisfeitos de poder contar para a ocasión coa A. C. Buxainas de Cedeira e coa A. C. A Mámoa de Luou (Teo). Dúas asociacións que están a divulgar e espallar a música e o folclore por todo o país facendo da nosa música e o noso baile un arte ben recoñecido e valorado alí por onde se achegan.

Como estas dúas agrupacións, contan con bailadoras e bailadores, aproveitamos a ocasión para adicarlle esta Foliada a tod@ a xente bailadora da comarca, pois e ben sabido que sin eles as Foliadas non serían o mesmo.
 


Lugar: O Lar - As Pontes
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.