Axenda

Foliada con Trabalingua
sexta feira 27 febreiro 2015
Vistas : 224

O vindeiro venres, froito da colaboración entre a ESN e Trabalingua, realizarase unha foliada para universitarios (e non universitarios tamén) no Café de Mario. E que é unha foliada? Pois unha festa con música tradicional galega en directo, onde ademais os participantes poden traer os seus instrumentos e tocar unhas pezas. Todo isto de xeito espontáneo.

Ademais, haberá un obradoiro de baile gratuíto para os universitarios, onde poderás aprender os puntos («pasos») básicos de bailes tradicionais galegos como a xota e a muiñeira.

Na foliada participarán os seguintes grupos:
As pandereteiras de Gargamala
As Rexoubeiras
A charanga da Benita

Para asistir ao obradoiro de baile tradicional hai que anotarse enviandoun correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. . As persoas que non foren estudantes universitarios teñen de aboar 3 €. Todos os erasmus poderán participar gratis igualmente.

Lugar: Café de Mario - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.