Axenda

Donicelas Folk
domingo 15 marzo 2015
Vistas : 261
  • Domingo, 15 de marzo ás 21:00


Breve historia de Donicelas O grupo Donicelas comeza sendo unha actividade escolar como tantas outras no C.P.I. Altamira de Salceda de Caselas, na que o grupo de xoves monopolizado polo xénero feminino mostra interese pola tradición musical galega. Así comeza unha andaina polos distintos pobos de Galicia e norte de Portugal tentando dar a coñecer a súa particular perspectiva da música galega. Esta viaxe leva ás Donicelas en varias ocasións aos estudios de RTVE e RTVG, participando en programas como “Lume na palleira”, “Alalá”, “Luar”, “A revista”... Cabe destacar a súa participación no “Festival Folk de Callobre” (A Estrada), no “Pub Miudiño” (Ourense) e “Festas de San Froilán” (Lugo) entre outros. No estudio de gravación, Donicelas participaron no traballo de Treixadura “Obrigado” en 1996, e tamén colaboran, no ano 1999, na gravación de “Feitizo”, do grupo Na Lúa. No ano 2005, despois de moitos anos de traballo e entrega á música, cumpren o ansiado sono da publicación do seu propio traballo “Que nunca foi abalada”, no que contan con numerosas colaboracións de grandes músicos amigos (Treixadura, Orfeón Treixadura, Tino Baz). Donicelas, con máis de 20 anos de traxectoria musical, foise modificando e enriquecendo ao longo do tempo: Donicelas tivo o pracer de contar nalgún tempo con músicos e voces como Tania Pérez, Sito Alonso, Teresa Pérez, Martín González, e Isa Troncoso. Actualmente Noelia Martínez e Bea Pérez son membros fundadores. Dende 1997 ata a actualidade incorporáronse Andrea Rodríguez, Rosa González, Olaia Alonso, Xulio Lorenzo, Xesús Díaz e Victor González, dando lugar a formación actual.


Lugar: SalaSon - Cangas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.