Axenda

Pura Mestura + Maneante + Brainsane
sexta feira 13 marzo 2015
Vistas : 237

O día 13 de Marzo tendes unha cita no Cachan Clube a partir das 22:00.

Festa organizada por Furnier coa fin de financiar o disco en vinilo que vai sacar proximamente; Como xa sabedes, moitxs dxs artistas temos e queremos funcionar baixo a autoxestión, e son este tipo de eventos os que permiten que se sigan facendo cousas interesantes para desfrute de todxs!
Así que, para apoiar ao noso amigo Furnier (e para pasalo de putísima nai, xa que estamos), alí estaremos Maneante, Brainsane e Pura Mestura dando caña!
A entrada serán 3 euros destinados ao dito anteriormente máis aos gastos propios da organización (equipo, desprazamentos, etc...).
¡Se non vos queredes perder a ningún grupo, estade as 22:00 alí (a orde aínda non se sabe)!
O seu era petar o Cachan e liala gorda (para unha que non cancelan, haberá que aproveitar, ou qué?) e despois tomarlle algo e seguir de festa con licor café que aquí hai unha (Alba G.) que o bota de menos, e para dous días que está quere volver á cidade condal coas enerxías recargadas de bo rollo e da brebaxe máxica!

Vémonos alí, logo!

¡Apertas!

Lugar: Cachán Clube - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.