Axenda

Cantares do Brión
sábado 29 decembro 2012, 20:00 - 23:30
Vistas : 426

O sábado, 29 de decembro, no Centro Cultural de Vincios, ás 20,00 horas, con entrada libre, terá lugar o Concerto de Nadal 2012 do Coro Tradicional CANTARES DO BRIÓN.

Baixo a dirección de Pablo Rial, Cantares do Brión interpretará un repertorio renovado, destacando as pezas:

"Casto Sampedro" (Letras e melodías extraídas do Cancioneiro Musical de Galicia, de Casto Sampedro Folgar, con arranxos para coro de Pablo Rial. Esta peza preparouse en conmemoración do 75 aniversario da morte deste investigador de Redondela.

"Tríadas do vento no mar"  (Letra de Valentín Paz-Andrade, poema incluído no libro Sementeira do Vento; con música de Luís Correa, e arranxos para coro de Pablo Rial.

"O Carro" (Letra de Manuel María; música de Baldomero Iglesias "Mero" e arranxos de Paco Barreiro).

"Pasodobre de Sísamo" (Popular, con arranxos do subdirector do coro, Félix Rodríguez).

"A Rosiña", do repertorio da Charanga do Cuco de Velle.

Despois dun ano de gran actividade, o Coro Tradicional Cantares do Brión realiza este concerto recompilatorio e como agasallo artístico para os seus seguidores da parroquia de Vincios e de todo o Val Miñor. Cantares do Brión é o coro tradicional representativo da área suroccidental de Galicia.

Lugar: CC Vincios - Gondomar
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.