Axenda

Marta Quintana e Cuchús Pimentel
sábado 14 marzo 2015
Vistas : 253
  • Sábado, 14 de marzo ás 22:30

Concerto presentación do CD "Lus" 

Novo traballo de Marta Quintana con un total de 11 temas do poeta galego Xosé Mª Díaz Castro da súa obra Nimbos. 

As composicións musicais son de Marta Quintana e os arranxos de Cuchus Pimentel.

O disco foi gravado por Cuchus Pimentel e masterizado por René Molinos. Trátase de unha obra de auto edición e auto produción de Marta Quintana que será distribuída por Inquedanzas Sonoras, porase a venta nas principais tendas de discos das vilas galegas; ademais pódense topar nos canais dixitais mais relevantes: iTunes, eMusic, Amazon MP3, MediaMarkt Digital o Nokia Music, Spotify, Last FM, WE7 o MySpace, Deezer, Google Play... 

O disco naceu o descubrir Marta Quintana o poeta Díaz Castro con motivo do seu recoñecemento nas Letras Galegas de este ano... Os poemas nas mans de Marta tomaron unha nova vida musical, e, como un amor de nai que crece día a día, foron conformando as cancións na súa mente ata topar co calor que precisaba en Cuchus cargado de forza viva. Os poemas que inspiraron a Marta para compoñer estas fermosas cancións están cheos de forza e de reivindicacións, poderían ser feitas xusto hoxe, nesta mesma mañá, por ser totalmente atemporais. Neles, o autor reivindica a falta de beleza, a falta de verdade, a falta de traballo cualificado e o abandono dos pobos.... Poemas que teñen que ver coa forza da terra e o seu recoñecemento como nai, e remarca a idiosincrasia galega a través da súa paisaxe e autenticidade. Dende a perspectiva de Marta, nestes versos, poderíase entrever un símil do marcado papel da muller na nosa sociedade.


Lugar: Var con Uve - San Martiño (Moaña)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.