Axenda

Atlantic Valley + Isaak + Zicuta
sexta feira 27 marzo 2015
Vistas : 237

O venres 27 de marzo, en colaboración con Red Sun Barcelona chegan os italianos ISAAK, dentro da súa xira pola península Iberian Tour. Estarán acompañados por duás bandas da escea local, ATLANTIC VALLEY e ZICUTA. En definitiva, velada stoner cun tridente de ensono.



ISAAK

Cuarteto procedente de Xénova, anteriormente coñecidos como GANDHI’S GUNN. Como tal, no 2010 sacaron o seu LP debut chamado "Thirtyeahs". No 2012, xa co nome actual sacaron "The Longer The Beard, The Harder The Sound" co que xiraron por europa. Recentemente lanzaron o seu último split, un vinilo de 12" compartido con Mos Generator, no que exploran a psicodelia dende outro punto de vista co tema "The Choice".


http://isaakmusic.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/isaakband
http://www.isaakband.com/



ATLANTIC VALLEY

Formada en Vigo, no 2013 publicaron un EP composto, gravado e editado por eles chamado “Mammoth”. Actualmente estan rematando de compoñer un disco que editaran a principios do presente ano 2015 do que teremos a oportunidade de escoitar algún tema. 


http://atlanticvalley.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/AtlanticValley



ZICUTA

De recente formación, tamén fan stoner e nos darán a coñecer os temas compostos ata o de agora. Seguen a liña de grupos bandeira do estilo como os Kyuss. 





Apertura de portas: 21:00h
Comezo concertos: 21:30
Entrada: 5 pounds

Lugar: Distrito 09 - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.