Axenda

José Carbia Vilar e Fátima Blanco
sexta feira 20 marzo 2015
Vistas : 263

Este venres 20, temos unha cita musical no Boulevard Fisterra, déstas que nós denominamos "de cercanía". Tamén a poderíamos chamar, unha desas citas "do común", do que compartimos moitos e que resultan, as veces, un retorno ao esencial da música:sentarse ao redor dos músicos e consolidar esos nexos comúns, a través desas cancións que a todos nos dín algo, que a todos nos trasmiten dun xeito ou doutro, experiencias, inquedanzas,evocacións, soños ou vivencias que nos agradan lembrar i experimentar na inquebrantable sensación que produce a compañía "dos outros".
Digo esto porque José Carbia Vilar á guitarra e voz e Fátima Blanco ao piano, ofreceránnos un repertorio de fermosas cancións, encadrado nun concerto sobre o noso escenario, noutro venres máis de música en vivo en Fisterra.
Eles dous, mestres en Cee e Fisterra respectivamente, compaxinan o seu oficio con esta paixón, e deste xeito, o principio de tocar por pracer, enriquece moitísimo esta experiencia que esperamos e desexamos atesourar aquí no Boulevard.
Deste xeito, disfrutaremos de cancións de autores como Bob Dylan, Rolling Stones,Pink Floyd,Johnny Cash,Neil Young,David Bowie,The Beatles,Bruce Springsteen, Leonard Cohen ou Dire Straits.
Eles serán os encargados de interpretalas e todos nós, desexaríamos ser os responsables de acompañalos, facendo noso o recital.Solo deste xeito lograríamos o efecto desexado, sendo todos os beneficiados.
A cita, como sempre, a partir de medianoite e coa entrada libre e de balde.
Boa semana a tod@s.

Lugar: Boulevard - Fisterra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.