Axenda

XX Xantar Gaiteiro
domingo 12 abril 2015
Vistas : 284

Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere convidarte ao XX Xantar Gaiteiro.

Será o vindeiro Domingo 12 de Abril, ás 14:30 horas, no restaurante San Martiño (Lugar Espiño N- 550), en Teo, A Coruña.

Esta xuntanza fará que pasemos un día agradable na compaña dos que gustamos da música e do baile tradicional. Achegádevos e convidade aos vosos amigos a que pasen a xornada con nos, teremos un xantar con música, baile e moita festa !!!

Este ano ademáis, é a XX edición do Xantar, polo que non pode faltar ninguén!! Os que queirades poderedes traer os vosos instrumentos para compartir a música co resto da xente antes e despois do xantar.

Para asistir ao XX Xantar Gaiteiro, deberás poñerte en contacto connosco antes do día 7 de Abril, indicando, se é o caso, o nome das persoas que te acompañarán.

DATA XANTAR: 12 Abril 2015 - 14.30 horas

LUGAR : Restaurante San Martiño (Lugar Espiño N- 550), en Teo, A Coruña

MENÚ : Cocido, Filloas,Orellas, Auga, Viño, refrescos, café e chupito

PREZO :O prezo é de 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.

MÁIS INFORMACIÓN E  RESERVAS Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Teléfono  986 847 074 / 982 229 966

Agardamos a túa participación!!!!!

Lugar: Restaurante San Martiño - Teo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.