Axenda

Rochi Novoa
segunda feira 30 marzo 2015
Vistas : 264

Muller de papel é algo máis que unha escolma de poesía, música, arte e fotografía, é unha exposición aberta , poética e musical.
Partindo dos versos de Rochi Nóvoa Vázquez, comezan a emerxer as pinturas predominantes na cor lila de Chus Láuzara, as cancións de Antonio I.Fernández, Servando Barreiro, Nacho Martínez, Dani Soldevilla, Castor Pérez Casal, Alberto Vilas, Daniel Minimalia, xunto con José Luis Pérez Cruz, que fan que as letras collan vida.
Non podemos deixar de lado a importante visión fotográfica de Orenxebre Fotografía, Roberto García Sánchez e Pepe Escano no camiño poético visual onde predomina o branco e negro.
Manolo Pipas,escritor, aparece para darlle o primeiro pulo na soleira, como trobador que é.

Lugar: Apo´strophe Sala de Arte - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.