Axenda

Skirl
sábado 28 marzo 2015
Vistas : 199

Skirl é un grupo de Pontevedra (Galiza) que comeza a principios do 2011, con Javi (voz e guitarra) e Rubén (batería), procedentes de numerosos proxectos anterirores se xuntan con Alberte (Baixo e Coros), en Setembro do 2012 úneselle David, guitarrista procedente de Lysergic Proyect.

En Outubro do 2013 gravarían nos estudos Muu de Vigo o seu primeiro LP tras dous anos de concertos pola xeografía galega. Neste momento atópanse presentando o seu primeiro disco, masterizado nos estudos Black Belt de Seattle. Tras a gravación do disco David abandonou a banda e foi substituído por Aritz á guitarra.

O grupo adopta un estilo cara o hard rock e o grunge dos 90, as súas influencias son grupos coma Led Zeppelin, Black Sabbath, Nirvana, Pearl Jam, Foo Fighters, Soundgarden, Alice in Chains, etc.

Javi: Guitarra e Voz
Rubén: Batería
Aritz: Guitarra
Alberte: Baixo e coros

Entrada: 3€

Lugar: Café Jam Session - Ourense
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.