Axenda

Kurrala Rock´15
quinta feira 02 abril 2015
Vistas : 384

XA ESTAMOS DE VOLTAA!!
O vindeiro 2 de Abril,dende as 7 da tarde ata as mil, nas instalacións deportivas de Corrubedo, mais coñecido como KURRAL ARENA,teremos o habitual despliegue de lucerio e son no peazo escenario e demais medios que imos montar pa que este ano o KURRALA sea un referente dentro do punk/rock da zona.É moi iportante que ruledes este evento,só vos leva un par de minutos e facédesnos un favorazo enorme.

Pouco hai que engadir que non sepades,polo tanto ahi queda o cartelazo deste ano:
-SUTURA (Euskal Herria) presentando novo cd en exclusiva en GZ. "Heroes de Mierda"
-KONFLIKTO (A Koruña) presentando "Ratas,Urrakas y Kuervos"
-ESKORBUTANDO CICATRICES (Madriz) "grupo tributo y pleitesia a Eskorbuto y Cicatriz"
-SOLFABIRRAS (Pontevedra) presentando cd "Levantando Polvo"
-THE FE KAOS (chabola) pesentando cd e ademais grabacion do seu dvd en directo.Vinde guapos.
-XOLDRA RACHADA charanga oficial do festi que faran que a festa non pare ni un segundo.
-LA YEGUA GRIS (grupo da casa) este ano subimoslle o caché e aparte de viño,imoslle dar latas de cerveza de 30 centimos do DIA%.

IMPORTANTISIMO!!!!
Ao ser a edición con mais grupos participantes ata o momento,temos que comezar os concertos a partir das 19h. 
Todolas bandas do KURRALA ROCK´15 participan libremente,asi que sede boiños e vinde cedo para apoiar todalas actuacións.

Colabora:
Concello de Ribeira,BAR FERRUXE,TRAZOS,A RECOVEIRA,SALA REAL,A CASITA...e un feixe de bares que colaboraron poñedo o logo no cartel (PLAZA,BRETEMA,TRISKEL,14,O NOITE, MALTA,NORUEGO,CAPRI,CAPITAN MORGAN,BULEBAR,LOAIRA,BONAPARTE E A CASEIRA)

E TI SE QUERES COLABORAR,APURA E VAITE A TRAZOS(Rúa Rosalia de Castro)E MERCA A CAMISOLA OFICIAL DO FESTI. Encarga a sudadeira ou mercanos unha chapa.
E veñades ou non rulade o evento a tódolos vosos contactos festeiros.

Lugar: Campo de Fútbol do Corrubedo - Corrubedo (Ribeira)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.