Axenda

Xoán Curiel
domingo 05 abril 2015
Vistas : 317

O domingo 5 de abril, a iso das 6 da tarde temos un espectáculo para os cativos e non tan cativos da casa con Xoán Curiel (O grilo da fonsagrada) co seu espectáculo Estamos no verán!!!

Xoán Curiel e a banda Son+d2, presentan no Var con Uve Estamos no verán!!!

Este espectáculo está configurado a partir da novela-CD editada por GALAXIA, que nos conta a historia duns amigos que no verán, queren formar un grupo de música.
As músicas deste disco serven de fío conductor para unha divertida historia narrada por Charo Pita, acompañada das fermosas ilustracións de Iván R.

Estilos como o funk, o rock ou a bossa nova atópanse nun álbum para nenos e nenas entre seis e doce anos.

O espéctaculo, ven precedido do gran éxito na presentación do 13 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela. 
Este é un espectáculo cheo de música, historias, danza e coreografías que fan participar ao público e mergullan aos rapaces e rapazas nun soño de verán.

Lugar: Var con Uve - Moaña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.