Un ano máis chega o Millo Verde repartindo música polas rúas de Redondela.
E como xa é habitual, o festival actívase realizando o que é o 8º Concurso de Maquetas Millo Verde.
Trala recepción das maquetas, pola que hai que darlle as grazas a todos os participantes, xa temos os finalistas que participarán nos concertos do 10 de Abril na Antiga Feira do Gando de Redondela a partir das 22.30.
Chío
Mala Hierba
Maskarpone OU
Estas tres bandas do territorio galego actuarán nesta final na búsqueda dun oco no IX Festival Alternativo Millo Verde, ademáis de recibir 300 euros como premio.
Este gañador será obtido por votación dos asistentes á final do 10 de Abril, a cal se fará o finalizar os 3 finalistas. Despois disfrutaremos do grupo convidado Chaleco Reflectante como despedida.
A entrada ó recinto será de 3 euros (entrada+consumición caña/refresco+vaso) e será imprescindible para poder votar ó gañador.
Sorte a todos e a disfrutar!
Consultar a web!
http://milloverde.org/index.php/concurso-maquetas/final-concurso-de-maquetas/