Axenda

Gold & Colt
domingo 26 abril 2015
Vistas : 258
  • Domingo, 26 de abril ás 20:30

Gold & Colt son os nomes (alter-ego) de Dany Moure (1000 Demonios Blues Band, The Showbiñas Experience) e Roberto Fernández (Os Fervellasverzas, Tractor Troy).

Os dous músicos xúntanse no ano 2013 co único propósito de de interpretar cancións da nai de todas as músicas modernas, o Blues. Unha guitarra acústica e un dobro foron os seus únicos acompañantes no seu primeiro ano de vida, no que defendían un repertorio no que combinan temas propios con composicións dos máis grandes músicos deste estilo; Robert Johnson, RL Burnside, John Le Hooker, etc.

En xuño do 2014 únense á banda Michi como batería e Juyma Estévez (recoñecido músico de jazz) ao contrabaixo. O dúo convértese en banda e o seu estilo vira cara ao o folk americano.

Entrada: 4€


Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.