Despois dun ano de traxectoria como grupo, dende Ivy Moon temos o pracer de presentarvos o proxecto máis importante que fixemos nas nosas vidas... PRELUDE!!
Un EP formado por 5 novos temas, un EP máis vivo, explosivo e persoal, xa que todos os membros de Ivy Moon puxemos a nosa parte para a elaboración dos temas, compoñendo dun xeito máis libre, potente e psicodélico.
https://www.youtube.com/watch?v=YgxA_P4sUiQ
O concerto dará comezo ás 23:00 da man de MJ Pérez, excelente cantautora e guitarrista, para que despois dé comezo a acción. Recordade, a estrea será o venres 1 de maio na Sala Moon. Prezo da entrada: 3€
Esperámosvos a todos!!!