Axenda

Víctor Aneiros
sexta feira 24 abril 2015
Vistas : 274

Este venres convidámosvos a unha cita inesquecible de man do bluesman Víctor Aneiros

O concerto terá lugar na Casa de Tolos, o día 24 ás 22,30 da noite.

Para vir soamente tes que solicitar a reserva ou reservas, mediante unha mensaxe privada ou un correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A entrada é de balde!

Desta volta teremos tamen servizo de bar de man de Cesarito, Tapería Rural Ardora

Máis información e eventos en:

http://casadetolos.com/js_events/victor-aneiros-en-concerto/


Considerado como un dos pioneiros do blues-rock en galego, inicia a súa carreira en solitario en 1999, formando Víctor Aneiros& Blue Notes e publicando “Que el blues te acompañe”.
No 2003 xa como Víctor Aneiros Band publícase “Live in Montreux”, gravación que recolle un dos dous concertos ofrecido neste Festival.
No 2004 publícase “Blues do amencer”, integramente cantado en galego.
No 2008 publícase “Heroe Secreto”, no que pon música a poemas de Rosalía de Castro, Luís Pimentel, Amado Carballo e Ramiro Fonte, e faiunha adaptación ao blues do himno da emigración galega “Unha noite na eira do trigo” do poeta Curros Enríquez. Neste traballo inclúese o tema “Miña bala perdida” polo que foi nomeada a mellor canción en galego na XIII edición dos premios da música 2009.
No 2010 publícase, “Brétemas da memoria”. O guitarrista e compositor galego dedica unha importantísima parte do seu quinto disco á obra de Ramiro Fonte (1957-2008), adaptando sete poemas de xuventude e da primeira madurez do poeta.
“Brétemas da memoria” é melancólico, como boa parte da obra de Ramiro Fonte, pero tamén está preñado dunha contaxiosa enerxía que nos transmite a guitarra de Aneiros.
No 2011 publícase o DVD “Ao Vivo” gravado no teatro Jofre de Ferrol.
No 2012 publícase “Back from the Blues” resultado da colaboración entre a cantante CanadenseJulieGuravich coa Víctor Aneiros Band.
No 2014 publícase “A soidade pide copas nos bares”. versións acústicas tiradas de tres discos anteriores, O blues do amencer ( 2004 ), Heroe secreto ( 2008 ) e Brétemas da memoria ( 2010 ). Xuntas, na súa nova forma acústica - pero en absoluto desenchufadas- as pezas compoñen un sublime fresco arredor da melancolía.
Estes proxectos levárono a actuar en distintos escenarios dentro e fóra de España: Festival de blues de Antequera 2000, Ritmo e Blues en Aragón 2001, Festival de blues de Cerdanyola 2001, Festival de jazz de Montreux off 2002 (Suíza), Festival de blues Reus 2002, Festival de blues de Elorrio 2003, Festival de blues de Getxo 2004, Festival de blues de Sta. María das Azores 2005 (Portugal), Festival de blues de Ourense 2005, Festival de blues de Torreperogil 2006, Festival de blues de Seia 2007 (Portugal), Douro Blues de Gaia 2007 (Portugal), Festival de blues de Cerdanyola 2008, Festival de jazz de San Javier 2013, Festival de Jazz&blues de Ribadeo 2014 e Festival de blues de Getxo 2014.

Lugar: Casa de Tolos - Mañufe (Gondomar)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.