Axenda

II Noites ao Vivo
quinta feira 30 abril 2015
Vistas : 407

Segunda edición deste "minifestival" na Cova Céltica, desta volta veñen tocar dous grupos de vellos coñecidos, dende Escocia volta Chic MacAullye(guitarra) acompañado polos galegos Roi Vázquez ás frautas e Jordi Dodemo á pescusión, Os Porcoteixos son un trio de música tradicional facendo un percorrido polos pobos irmáns, pasando por repertorio de Irlanda, Escocia, Galiza, Bretanha e países nórdicos.
O segundo grupo da noite vén dende terras leonesas e algúns dos seus compoñentes voltan á Cova Céltica despois de moitos anos, Cecina de León é un trío composto por Nacho(frautas e gaitas), Saúl (guitarra) e Rober (pandeiro sen ferreñas), cun repertorio na súa maioría formado por composicións propias e melodías frenéticas veñen de presentar o seu disco "Fráyabots" que é unha tentativa de facer sitio ás músicas que levan escoitando os seus compoñentes ao longo da súa vida, por momentos alóxanse da linguaxe do folk e música tradicional para introducir recursos e elementos de estilos totalmente diferentes.
O que si podemos estar seguros que esta será unha gran noite.

Os Porcoteixos presentan: Xira galega de primavera, Trio formado porCharles McAuley (guitarra.Escocia)Paddy Duncan (violin.Escocia)e Roi Vázquez Cabanas(frauta, gaita, whistel.Gz) "Os Porcoteixos". Abertas as datas de contratación entre o 21 de avril ao 20 de Maio do 2015. concerto de unha hora e media e post-Foliada con convidados. Mais Info por privado ou no 628553485(Roi). .........................................Passao!!!! Apertas pra todos.

24 de avril Fubolín Pontedeume
25 de avril A Capilla Calo
30 de avril A Cova Céltica A Coruña
5 de maio Casa das Crechas
8 de maio O Tallón o Sixto(ao lado da Picaranha)
9 de maio Antano Serra de Outes

Lugar: A Cova Céltica - A Coruña
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.