Axenda

Ataque Escampe
domingo 10 maio 2015
Vistas : 328

As Ataque Escampe escriben cancións con salsa agridoce. Producen músicas tristes para escenarios con cortina vermella, reverbs torturados e himnos á derrota, pero tamén rock’n'roll para desabrochar as camisas, soul hilarante e, por que non, ruído. Textos amargos que manchan as mans con algo que chamaremos optimismo e a estraña melancolía dun crooner extraterrestre.

Arrástranse desde 2001 polos escenarios, electrificándose de a pouco conforme pasan os anos, mudando de formación e deixando constancia do seu paso pola Terra en formato disco: Galicia es una mierda (2008), A grande evasión (2009), Violentos anos dez (2011) ou Noites de agosto con Ataque Escampe (2012), entre outros. En 2014 publicaron con Discos da máquina o LP O disco vermello e gañaron o Premio da Música Martín Códax na categoría indie. En 2015 publicarán o librodisco Relatos americanos co artista plástico Misha Bies Golas. 

Do pop á americana con paradas no krautrock, na cumbia, no disco, no rap, no calipso e onte vostedes queiran se non lles preocupan demasiado a pureza e esas cousas. 

Perdedores, perdedoras: deixen as miserias na casa e veñan bailar a súa música sen complexos ao campo da festa de α Centauro.

Domingo, 10 de maio, ás 20:30 h
Entrada: 5€

https://www.youtube.com/watch?v=dGJ46VjPhm4

Máis información: 

http://www.ataqueescampe.org/
http://ataqueescampe.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/pages/Ataque-Escampe/38369659628

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.