Axenda

Alén do Son
sábado 16 maio 2015
Vistas : 321

O Var con Uve acolle este sábado 16 de maio, a iso das 22:30, cunha entrada de 3€, un espectacular concerto-presentación de alén do Son, un trío procedente da Garda que parte do jazz para incluír tamén a música africana, o funk, a música india, o clásico, o flamenco... sen perder de vista as súas raíces.

Alén do Son nace na Garda e está formado por Jose Stewart, Arturo Rúa e Kike Morillas. O trío, intensamente colaborativo, busca constantemente normas que romper e fronteiras que traspasar, unindo xéneros e técnicas mentras exploran as inmensas posibilidades dos músicos que o conforman.
Entendendo a música coma un todo e partindo do jazz, a exploración camiña da man da amplia experiencia previa dos seus fundadores (a música africana, o funk, e a música da India de Stewart, e o clásico e o flamenco de Rúa)

Jose Stewart, formado na Berklee College of Music en Boston (USA), viviu da música en Miami e formado parte de numerosas formacións, tanto en América como na Península, onde colaborou con 'Los Toreros Muertos' ou, últimamente, con Eladio y los Seres Queridos.

Arturo Rúa, pianista vigués formado na Manhattan School of Music (Nova York) é músico de cámara e tocou no Lincoln Center ou no Carnegie Hall.

Esta suma de experiencias e diferentes tradicións, é a que lle outorga o seu son único e particular, facendo dos seus directos unha viaxe de estilos cun marcado aceno de identidade.

Lugar: Var con Uve - San Martiño (Moaña)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.