Axenda

Maghúa Cantareiros
sábado 30 maio 2015
Vistas : 164

Maghúa colleremos os vultos, os instrumentos e o comboio para pór destino Madrid.

Serán tres concertos, en Centro Gallego de Tres Cantos, en Madrid e en Torres de la Alameda (Alcalá de Henares).

Comezamos o 30 de maio, apartir das 18 horas, no Teatro Municipal de Tres Cantos. Partillaremos cenário con Ardello Eixo Tres Cantos dentro da programación Muestra Artística y Cultural 2015, nunha xornada adicada ás Letras Galegas. Logo haberá foliada!

Continuamos a sexta-feira, venres, na sala El búho real (Regueros 5, Madrid). Nun encontro organizado polos amigos (xa de vello) da A.c. Xirandela. Tocamos às 21.30 horas. Entrada con consumición, 6 ouros. Logo, foliada!

Rematamos o sábado 6 de xuño, facendo valer o primeiro posto acadado no concurso Folkarria Eco Festi Bal da pasada edición. Comezamos às 19 horas cun obradoiro de baile tradicional, para logo seguir cun concertiño. En Torres de la Alameda. Dicemos rematamos, para coller pulo e apoiar aos amigos de Seisporoito, que participan na segunda edición do concurso de baile e música Folkarria. Sen dúbida, unha aposta segura!!!!

Mais info en: 

Centro Galego Tres Cantos.
A.C. Xirandela
Folkarria.es

E até breve!!!!

Lugar: Teatro Municipal - Tres Cantos (España)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.