Axenda

Vaamonde, Lamas & Romero
domingo 17 maio 2015
Vistas : 274

Vaamonde, Lamas & Romero sorpréndennos cunha proposta orixinal e divertida: un concerto con banda de música en clave de humor.
O espectáculo inclúe arranxos do repertorio tradicional, realizados con mestría e oficio polo saxofonista e compositor Roberto Somoza.

 Arranxos que combinan o sabor popular con elementos de modernidade. Música popular e teatralidade aderezados con grandes doses de humor e retranca na compaña da Banda Municipal de Música de Santiago nun dos escenarios máis fermosos que se poden imaxinar, a praza da Quintana.

 VAAMONDE, LAMAS & ROMERO

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO

JUAN MIGUEL ROMERO  director

cando e onde

Domingo 17 maio 2015

13:00 Praza da Quintana

 prezo das entradas

Entrada libre ate completar aforo

 

Lugar: Praza da Quintana - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.