Axenda

Monstruo + Vietnam + Vozzyow
cuarta feira 13 maio 2015
Vistas : 328

Mojo e Discos Porno unen forzas de novo para traervos a tres bandas que están dando de que falar últimamente.

-Monstruo veñen dende Ourense, gustan do ruido, dos guitarreos salvaxes e dos ritmos frenéticos. Se non o crees comprobao ti mesm@!https://monstruo.bandcamp.com/

-V¡etnam, son galegos pero veñen dende Barcelona, facendo parada obrigada en Santiago na sua xira galega. O ruido como base da melodía, e moito máis.
https://vietnam.bandcamp.com/

-Vozzyow, autóctonos de SdC, farannos reir, chorar, e sobre todo, bailar co seu post-rock desenfadado.
https://vozzyow.bandcamp.com/releases

Todo isto por 5 lereles, o mércores 13 de Maio ás 22:00, vémonos no Cachán!

Monstruo e Vietnam son e falan de erros, da ausencia de futuro xa, de violencia e actrices, de procesos de comunicación internos e externos. Usan voces e ritmos, entre o caótico, desbocado, e o que é tan firme que resulta perturbador. Falan das cousas importantes porque lles importa o que fan. A música non é un hobby, a arte ten que ser crucial e é triste ter que dicilo e parecer no mellor dos casos un romántico e no peor un pedante. Unha canción é un manifesto cheo de preguntas.

Vietnam veñen a Galicia a facer catro datas seguidas. É campaña electoral. Tocarán temas de Prevención para los niños, o seu LP de próxima edición. Monstruo súmanse a todas elas, e en función da localidade a unidade popular aumenta.

Mércores 13 – Cachán Clube (Santiago) – 22h, 5€. Con Vozzyow, xuventude tatuada e de furia virtuosa que presentan os temas de Petroglifos Mogor, o que será o seu LP de debut a editar por PORNO e Nostalgia Records. Organizado por PORNO e Mojo.

Xoves 14 – El Pueblo (Ourense) – 22h, 5€. Menores de 23 gratis.

Venres 15 – Liceo Mutante (Pontevedra) – 19:30h , 5€. Con Travesti Afgano, lendas vivas que participaron, como Vietnam na triloxía de splits navideños de Monstruo. Post-punk encendido e firme, tamén sacarán en breves Jefes de Julais con Mama Vynila.


Lugar: Cachán Clube - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.