Axenda

Foolmakers
sexta feira 15 maio 2015
Vistas : 228

Concerto de Foolmakers, grupo formado no 2013 por catro psiquiatras do HULA (Lugo) que se xuntaron cun baixista Carlos Doval para tocar, nun principio, nas Jam Sessions que organiza Fábrica De Sons no Club Clavicémbalo. Posteriormente, 2013, estiveron no programa do Festival de Jazz de Lugo e no 2014 fixeron unha xira por distintos locais galegos co espectáculo Cancións de amor e sorna-swing; remataron o ano cunha actuación nas festas de San Froilán. O seu repertorio está composto fundamentalmente por standards de jazz, traducidos ao galego as máis das veces e adaptados á “realidade galega” cun importante toque humorístico, pero tamén por algunha versión de Lou Reed, Santana e mesmo Pilocha, que en moitas ocasións sobe con eles ao escenario a cantar un tema. Na actualidade presentan o espectáculo “Nin todo sorna, nin todo swing”, no que mesturan versións novas doutros standards xunto cos temas que mais gustaron da xira anterior. O grupo estará formado nesta ocasión por:
Paula Cores: voz
Luis Vila: piano
Luis Gonzalez: guitarra é piano
Evaristo Frieiro: baixo
Isidro Gómez: batería

Lugar: Dado Dadá Jazzclub - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.