Axenda

Alén do Son
quinta feira 28 maio 2015
Vistas : 318

E para abrir a nosa Jam éste xoves, a partir das 21:30, teremos a Alén do Son, trío formado por Arturo Rúa ao piano, Kike Morillas a baixo e Jose Stewart García á batería interpretando temas da banda. Creatividade e complicidade para a noite do xoves!!

E despois, Jam con todos os músicos que se acheguen!!

Entrada Libre.
2Eur de colaboración coa primeira consumición.

Alén do Son nace a finais de 2013 no municipio máis meridional da provincia de Pontevedra, nunha fronteira natural na que
conflúen as ricas tradicións portuguesa e galaica. A banda, intensamente colaborativo, busca constantemente normas que
romper e fronteiras que traspasar, unindo xéneros e técnicas á vez que explorando as inmensas posibiliades dos músicos
que o conforman. A banda está liderada por Jose Stewart na batería e Arturo Rúa no piano e nos teclados, ámbolos dous
na creación musical. Entendendo a música coma un todo e partindo do jazz, a exploración camiña da man da ampla experiencia
previa dos seus fundadores: a música africana, o funk, a música da India (Stewart) e a tradición clásica e o flamenco
(Rúa), todo isto, “...sen perder de vista as nosas raíces”.
Esta suma de experiencias e diferentes tradicións, unido ao amplo bagaxe musical dos seus membros, é a que lle outorga
o seu son único e particular, alonxándoo dun xénero musical definido, e facendo dos seus directos unha viaxe de estilos
cunha remarcada seña de indentidade.

Lugar: El Contrabajo - Vigo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.