Axenda

II Festival Ribeiro Son de Viño
sábado 18 xullo 2015
Vistas : 461

II EDICIÓN RIBEIRO SON DE VIÑO

Volve Ribeiro Son de Viño, o único festival de Galicia que combina música en directo con catas de viño no entorno privilexiado de San Vicente do Mar. Ribeiro Son de Viño é unha celebración, a da nosa cultura a través da música, a gastronomía e o viño do Ribeiro. Cremos que tanta riqueza merece adicar todo un día a festexala; unha xornada para desfrutar dos concertos, as catas de viño e a paradisíaco paisaxe que ofrece o Náutico de San Vicente do Mar.

Ribeiro Son de Viño tamén existe para achegar a cultura do viño ao público máis novo, por iso este ano, ademáis de catas, concertos e praia, tamén haberá espazo para o a conversa entre adegueiros e artistas. Algúns dos músicos participantes compartirán as súas experiencias cos produtores do Ribeiro e contarannos cómo ven eles esto da cultura do viño mentras compartimos uns Ribeiros.

Todo esto sucederá ó longo do próximo 18 de xullo no Náutico de San Vicente do Mar.

13.00. Comezaremos forte cun brinde oficial a cargo da D.O. Ribeiro tras do que se ofrecerá unha cata libre de viños para todos os presentes. Escenario exterior

14.30. Terbutalina, flamantes gañadores dos premios UFI ao mellor álbum en galego, incendiarán actitudes e contaxiaránnos da súa para comezar a afrontar a xornada. Escenario exterior

16.00. Blues do País. Unha das nosas bandas máis orixinais elexirán un rincón moi especial do Náutico de San Vicente para o primeiro concerto da tarde. Escenario alternativo

17.00. VIÑO E MOCIDADE EN GALICIA, CONVERSAS PARA ATALLAR A RUPTURA XERACIONAL. Encontro arredor dun Ribeiro para debatir entre todos o problema da ruptura xeracional entre os xóvenes e a cultura do viño. Algúns dos compoñentes das bandas participantes tratarán arroxar luz sobre o asunto contándonos as súas experiencias sobre tan apaixonante tema. Escenario interior

18.30. Ataque Escampe, posiblemente a banda de pop coas mellores letras do país darán un novo significado ás míticas tardes de praia na Barrosa, non recomendamos aos bañistas alonxarse demasiado da orela durante o concerto. Escenario exterior

20.00. Cata libre de viños da D.O. Ribeiro. Escenario exterior

21.00. Os Amigos dos Músicos. Temos nova superbanda en Galicia e Ribeiro Son de Viño ofréceche unha das primeiras oportunidades de coñecelos e querelos, mentras o sol comeza a poñerse na praia da Barrosa. Escenario exterior

22.00. The Mocker Djs. Folclore popular dende Galicia a Nashville pasando por Manchester. música bonita para quenes queiran seguir desfrutando do aire libre na Barrosa. Escenario interior

23.30. Ken Strinfellow. Sobran as presentacións para o que foi líder dos imprescindibles The Posies e membro da lexendaria banda Big Star. Esta é a súa primeira vez no Náutico e asegura que está nervioso por coñecer este mítico lugar, porque non sabe o nerviosos que estamos nós por recibilo. Escenario exterior

01.30 Alex Casanova debería pechar todos os festivais do mundo. Este compostelán chamado a convertirse en estrela mundial do trash pop e tamén culpable do himno deste verán, Xeado de Limón non se vai separar de ti ata que por fin o bailes na noite do 18. Escenario
exterior

02.30- fin Nano Vinilo dj. Con máis de 20 años pinchando, este galego que revolucionou a escena dende o mítico local grovense Vinilo (2000-2011) alongará a noite todo o que lle deixemos cunha "sesión ecléctica, bailonga y gamberra". Escenario interior

A celebración do verán por só 12€ se te das presa y mercas a tua entrada en Ticketea. 

Lugar: Naútico de San Vicente do Mar - San Vicente do Grove (O Grove)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.