Axenda

IX Arde Rande
sexta feira 03 xullo 2015
Vistas : 470

  • Festival ao lado do Meirande,apa rcamento na explanada habilitada para Meirande, na baixada a Vieirasa,Rande
IX FESTIVAL ARDE RANDE. BANDAS PARTICIPANTES


ZËNZAR (con XENDERAL E ARES)

A banda de Cerceda, pioneira no rock en galego (leva máis de 25 anos na escena), é hoxe a decana das bandas do país. Acaba de sacar o seu novo traballo de estudio "Camiñando entre serpes", acompañados de Xosé M. Ares á gaita, e Xenderal á voz e beat box, colaboracións reflexadas no novo disco e xa consolidadas nos directos.
www.zenzar.info

VANDALLICA (tributo a METALLICA)

Banda de Vigo tributo a Metallica, repasa os maiores éxitos da banda nos discos Kill’em All, Ride the Lightning, Master of Puppets, …And Justice For All e Black Album.
Músicos con unha dilatada traxectoria non só recrean o son, os arreglos e a estética da banda, senón que transmiten a mesma enerxía en cada concerto.
http://www.vandallica.com/

CHICKENPIE

Esta banda de Vigo-Redondela definese como Nu-Groove Metal formase en 2011 e xa cunha certa experiencia en directo, sobre todo na zona de Vigo e arredores.
https://www.facebook.com/pages/Chickenpie/280189208726515?sk=info&tab=page_info

OCEKAOS

Grupo de rap, nado en Moaña,farán un directo con catro mc´s , Chino, Cleve e Chame e a nova incorporación Bleis(ex En Buenas Manos) .
https://www.facebook.com/OCEKAOSRAPOFICIAL/info?tab=page_info

PROYECTO ÍCARO 
Tras varios anos de proxectos, no 2012, varios membros únense para dar forma a este novo "Proyecto", en 2013 teñen varios temas e fan o seu primeiro bolo para Vigosónico grabado en directo
Esta banda de A Guarda presentase este ano no Festival como banda gañadora do concurso de maquetas demostrando calidade no traballo realizado nas duas maquetas grabadas.
http://proyectoicaro.bandcamp.com/
Lugar: Meirande - Cedeira (Redondela)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.