Axenda

Orquestra Os Modernos + Proxecto Cupeiro e Yulkhnevich
quinta feira 02 xullo 2015
Vistas : 160

2 XULLO xoves 21:00 h

Proxecto Cupeiro e Yukhnevich + Os Modernos

O Proxecto Cupeiro & Yukhnevich está formado por dous músicos de distintas procedencias pero cunha misma escola baseada no respeto e a inquietude cara á música. Abraham Cupeiro e Vadzim Yukhnevich presentan Compromiscuo, o seu primeiro traballo discográfico no que desenvolven un tipo de música que emana de distintos estilos como o jazz, a rapsodia ou a música clásica e á que aportan o seu selo especial nun eclecticismo desenfrenado. Conectan o inusual cornetto barroco co tango arxentino ou a gaita irlandesa con J.S. Bach. Aínda que o instrumento que máis curiosidade vai despertar será o Karnyx, unha especie de xigantesca trompeta céltica da época dos romanos, que impresiona pola súa poderosa presencia e a súa sutil sonoridade. A claridade das lámpadas de cores, o cheiro a pólvora, o arrecendo das friameiras, até a xeometría dos cadros dos manteis, levántanse e brindan pola oportunidade dada ao «frote» e ao «arrechuche», con - taxiada polos ritmos máis moder - nos da Orquestra «Os Modernos». Como consecuencia da súa constante ansia por renovarse e da experiencia adquirida a través de tantas xiras por Europa e América, a Orquestra «Os Modernos» ofrece un repertorio renovado dos bailes de última moda: foxtrot, baiao, cho - tis, habanera ou tango americano, corrido, rumba, mazurca e mesmo un avant-garde twist, sen esquecer eses ritmos máis tradicionais e propios do noso folclore como a muiñeira ou a xota. Ninguén fica sentado cando toca a Orquestra «Os Modernos». Resulta imposible. Cando saen a actuar, enchen o recinto coa súa presenza, o seu estilo e a súa calidade musical. E todo grazas ao conxunto de músicos e voces que se reúnen nesta formación, dende Alonso Caxade até Xosé Tuñas, pasando por Joám Casas, Lois Mouriño, Iria Pinheiro, Martín Nogueira e Paco Nogueira. Todos eles son Os Modernos. A todos eles débemoslle este novo vello son que enche as rúas en calquera festa

Lugar: Xardíns da Deputación - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.