Axenda

Milesios + Sondeseu
quinta feira 16 xullo 2015
Vistas : 138

Milesios + Sondeseu 16 XULLO xoves 21:00 h

Os Milesios levan percorrendo os escenarios desde o 2009. En 2013, publicaron Alén mar, no que se desenvolve a idea da viaxe dos fillos de Mil desde as costas galegas ata Irlanda. Neste ano 2015 están a realizar a xira Lume novo, con novos temas que darán corpo ao seu segundo disco. O repertorio actual componse de temas tradicionais galegos e irlandeses, así como algunha composición propia con reminiscencias tradicionais de ambos os dous países

SonDeSeu é a primeira orquestra folk de Europa: corenta músicos que interpretan música tradicional galega arranxada especificamente para una ampla variedade de instrumentos: zanfonas, arpas, gaitas, voces, percusións, violíns, bouzoukis, contrabaixo e requintas. Dirixida por grandes referentes do panorama musical galego (Rodrigo Romaní, Xosé Liz, Anxo Pintos, Xaquín Xesteira, Francisco Feijoo «Chisco» e Alfonso Franco), co seu cuarto disco, Danzas Brancas, confirma a consolidación dun proxecto no que espectáculo e virtuosismo camiñan da man.

Lugar: Xardíns da Deputación - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.