Axenda

A Magnifique Bande dos Homes sen Medo + O Sonoro Maxín
quinta feira 06 agosto 2015
Vistas : 139

A Magnifique Band dos Homes Sen Medo + O Sonoro Maxín 6 AGOSTO xoves 21:00 h

A Magnifique Band principiaron a súa andaina Sen Medo no ano 2007. Dende aquela, aparecen nos carteis de todo tipo de festivais, tanto nos de Galicia coma nos de fóra do país. Os seus directos provocan un berro de admiración parte do público, que sempre acaba por unirse ao seu espírito de troula, de big band, de todo e máis. Nesta ocasión, a Magnifique Band abandona por unha noite as rúas para acollerse ao escenario clásico. Os Homes sen Medo van subir as táboas para ofrecer a mesma diversión e enerxía que nos seus pasarrúas, contaxiando a público do lugar.

Chega a onda sonora. Chega do interior, dun océano interno. Dun mar quente e profundo que, aínda que ten morada certa, non aparece nos mapas. Trae con ela as cumbias que non son cumbias. Esperta os bailes que aínda están por inventar. Vén cargada con ritmos descompasados que derrotan ás cadeiras no primeiro compás, de harmonías dunha soa nota e de esquecidas melodías atopadas no fol dun acordeón. A onda sonora transmítese cara todos os ouvidos no mesmo momento. Nun pestanexo. Nas novas formas de contar o tempo, nun bico, nunha aperta, nun sorriso, e cunha intención: ser escoitada. Con todos vostedes e desde Ourense, O Sonoro Maxín.

Lugar: Xardíns da Deputación - Lugo
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.