Axenda

2º Convivio da Cultura Galega
sábado 11 xullo 2015
Vistas : 101

O Convivio da Cultura Galega é un día para a festa, o encontro e a irmandade do asociacionismo cultural de base da Galiza ao que por suposto tod@s estades convidad@s a acudir e de nos acompañar.

Será nun espazo tan fermoso e máxico como a Carballeira da Santa Isabel, onde o Ladra vai ao encontro do Miño, "o Pai de todos os ríos galegos"; o mesmo que naquel verán de 1949 lle serviu de marco de inspiración ao Manuel María para compoñer o seu primeiro poemario, Muiñeiro de brétemas, cando contaba só 19 anos, mentres coidaba das vacas da facenda familiar.

O programa será, con algunha posíbel variación de última hora, o seguinte:

11.15.- As bandas de música da A.C. Solfa (Compostela), Rábade e Begonte, e a Xuvenil da Escola de Música de Rianxo recíbennos na horta da Casa-Museo Manuel María.
11.45.- Saída a pé para a Carballeira da Santa Isabel, facendo paraxe no cemiterio de Outeiro para realizar unha ofrenda a Manuel María na campa onde repousan os seus restos.
12.15.- Xa na Carballeira, actuación da Banda de Música de Rábade e Begonte, dirixida por Armando Morales; Banda Xuvenil da Escola de Música de Rianxo, dirixida por Rafael Collazo; e a Coral e Banda de Música de Solfa, dirixidas por Francisco Tobar e Fernando Rey.
14.00.- Xantar demorado. Cada quen trae a súa comida. O espazo da Carballeira conta con algunhas mesas. A organización pon as cadeiras.
16.30.- Encontro aberto do asociacionismo cultural de base da Galiza: as directivas das entidades presentes (e quen quixer) reuniranse para articular posíbeis actuacións comúns para o vindeiro ano e para seguir creando rede de colaboración, diálogo e intercambio de experiencias entre elas. Este encontro está absolutamente aberto a todas as entidades de base do país que fan cultura en chave galega.
17.00.- Foliada aberta á participación de quen quixer cantar, tocar, bailar...no espazo da Carballeira. Anima a festa Xurxo Souto. Os grupos interesados en apuntarvos previamente ou en terdes máis información podédesnos contactar no teléfono 698 177 621 ou nos correos fundacion@manuelmaria.com/ Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Durante toda a tarde, as persoas que o desexaren poderán visitar a Casa-Museo Manuel María (con visita guiada).

Desde algunhas comarcas está xa confirmado que haberá autobuses gratuítos para facilitar o desprazamento a Outeiro de Rei ese día. Podédesvos ir anotando xa!

A Coruña: saída da Praza da Palloza ás 10 da mañá. Contacto: 698 177 621 (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

Ferrol: Luísa (Medúlio): 646 571 168 (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)

Compostela: Lucía (Solfa): 676 675 030

Lugar: Carballeira de Santa Isabel - Outeiro de Rei
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.