Axenda

Foliada da Festa da Carballeira de Zas
sábado 01 agosto 2015
Vistas : 345

FOLIADA da FESTA da CARBALLEIRA de ZAS
Sábado, 1 de Agosto de 2015 ás 18:00

A Festa da Carballeira convoca a todos os amantes das foliadas, ruadas e seráns a participar na xuntanza máis multitudinaria de Galicia, encargada de abrir o noso festival.

Non queremos que vos falte de nada e por iso ofrecemos:
-Entradas gratuítas* para os músicos.
-Servizo de consigna para gardar baixo chave todos os instrumentos durante o festival
-Comida e bebida para recuperar forzas.
-Moita festa, moita música e moita diversión nunha das noites máis máxicas do folk galego.

Inscrición aberta, contacta connosco a través do enderezo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para enviarnos os teus datos:
-Nome da asociación/grupo e responsable.
-Número de teléfono de contacto.
-Número aproximado de asistentes por grupo (Músicos).

Non podes faltar! Apúntate xa!

http://www.festadacarballeira.com/
http://www.facebook.com/festadacarballeira

Lugar: Carballeira de Zas - Zas
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.