Axenda

Xosé Quintas Canella
sábado 04 xullo 2015
Vistas : 339

Este sábado 4 de xullo as 22:30 horas e cunha entrada de 5€, finaliza no Var con Uve o 3º Ciclo Maio do 68, coa actuación de Xosé Quintas Canella.

Xosé Quintas Canella, é o pseudónimo de José Antonio Veloso Quintas, (Allariz 1.947), un neno que, coma moitos desa xeración, naceu sen o xe, daquela desaparecido e inexistente.

Iniciou a súa actividade artística a finais dos sesenta con algunha incursión no campo da poesía e, máis de cheo, na música galega como cantautor. Formou parte do Movemento Popular da Canción Galega con dous traballos editados Un disco en solitario “Porque no mundo minguou a verdade” aló polo 1978 e un disco colectivo sobre temas de Celso Emilio.

inspirándose no que coñecía, as cantigas populares e os temas máis cultos pero non menos populares de autores galegos coma Montes, Veiga, Soutullo e Chané. Anduvo por libre tentando de facer temas nos que o motivo fundamental eran a nosa fala e a nosa identidade. Andando o tempo descubriría os cancioneiros medievais achegándose a unha das manifestacións máis sobranceiras da nosa lírica que ademais dunha revelación, foron, tamén, fonte de inspiración de novas cantigas.

Artistas coma Miro, Pilocha, Uxía Senlle, Doa, Luar na Lubre, os arxentinos de Achaiva da Ponte, os checos de BraAgas, ou a andaluza Merche gravaron composicións súas

A parte de incursións no campo da poesía é do relato, actualmente retornou ao mundo musical compoñendo novos temas, baixo os esquemas de sempre, porque anque mudaran as formas o fondo segue igual ou peor que hai corenta anos.
Nesta nova etapa musical formou unha banda con catro músicos de gran talento e sensibilidade que lle proporcionaron unha nova dimensión á súa música, máis plural e máis concorrida.

Lugar: Var con Uve - San Martiño (Moaña)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.