Axenda

Os Terribles de Donas
domingo 12 xullo 2015
Vistas : 302

OS TERRIBLES DE DONAS PECHAN CON DOUS CONCERTOS UN CICLO DE DEZ ANOS

OS TERRIBLES DE DONAS despiden o seu primeiro ciclo do século XXI con dous importantes concertos:

· Baiona domingo 12 de Xullo 23 horas.

· San Roque en Vigo o 17 de Agosto.

Nesta etapa que encetou no 2005/2006 polo empeño de Manolo Sousa, o grupo logra que lle publiquen un monográfico(IEM Ánxeles Bouzó 2006) facer as súas dúas primeiras gravacións ( Abrollido -2009 e Pedramoura- 2011) actuacións por toda a xeografía galega e Portugal e unha considerable presenza mediática na radio e na televisión na que se lle fai un monográfico no programa Alalá, ademais de diversos reportaxes sobre a súa historia e sobre as súas producións discográficas.

O grupo decidirá despois desta tempada o seu futuro xa que varios dos compoñentes por diversas circunstancias terán que ser relevados.

Estes dous importantes concertos estarán dedicados a lembrar parte do repertorio histórico do grupo, pero tamén a homenaxear a outros gaiteiros históricos como Moxenas, Ricardo Portela, Henrique Otero,Emilio Flores, Benigno Méndez, Airiños do parque de Castrelos ou Os Galiños de Belesar, entre outros. Diversas colaboracións sorpresa farán moi particulares estes concertos. Unha ocasión para agradecer a tódolos membros que pasaron polo grupo, especialmente nesta última etapa, a súa inesquecible achega ó grupo e á música tradicional galega.

Lugar: Baiona
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.