Axenda

Roger de Flor
sábado 11 xullo 2015
Vistas : 344

"Roger de Flor é un músico, cantante e compositor, integrante dunha nova fornada de creadores galegos de principios do S. XXI. Actualmente compaxina a súa carreira en solitario coa participación na banda Os Silvestres, un dos grupos máis divertidos e estimulantes do momento. Móvese con soltura entre ritmos tan diversos coma o swing, o pop ou rock'nroll, e as súas letras desprenden retranca, sensibilidade e paixón a partes iguais. Os seus excitantess e participativos directos fan de cada unha das súas actuacións un momento único e irrepetible."

Botando a vista atrás caio na conta de que é a primeira vez que teño catro actuacións nunha soa fin de semana, esperemos que a racha continúe...

Venres ás 20h no Manchita Cosa (presentación do libro “Andrés Dobarro:Saudade”, de Fernando Fernández Rego. Tamén actúa o grupo ferrolán Quant).
Venres ás 23:30h na Cerveceria Trueque, Pontevedra
Sábado ás 20:30h no Retro Visor, Padrón
Domingo ás 12h na Taberna Enxebre Eicho De Dar Queridiña, A Insua

Lugar: O Retrovisor - Padrón
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.