Axenda

Leilía
sexta feira 24 xullo 2015
Vistas : 371

O vindeiro venres día 24 de xullo Leilía levará, ás 23:45 horas, os sons do seu último disco 'ConSentimento' á Praza de Macías en Padrón. O concerto enmárcase nas Festas do Santiaguiño e a entrada será de balde.

'ConSentimento' é unha homenaxe ás mulleres que fixeron e fan realidade a creación, a conservación e a transmisión da tradición oral galega. A actuación está organizada polo Concello de Padrón e conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Tal e como apuntan as cantareiras, “Padrón é una localidade na que nos atopamos moi agusto”, xa que dúas das súas compoñentes, Felisa Segade e Montse Rivera son profesoras de canto e percusión tradicional e baile, respectivamente, na Asociación Cultural Arreixeira. A dita Asociación cumpre 25 anos en 2015 e actuará na mesma praza que Leilía antes que as cantareiras. Ademais, ambas as dúas agrupacións interpretarán algún tema en conxunto.

Lugar: Praza de Macías - Padrón
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.