Axenda

Guadi Galego e Pachi García
quinta feira 06 agosto 2015
Vistas : 320

Guadi Galego, unha das artistas máis relevantes da escena musical de Galicia presenta "Lúas de Outubro e agosto", o seu segundo traballo como solista. A súa traxectoria musical é intensa: foi a voz principal e gaiteira do grupo extinto Berogüetto e tamén formo parte de NordestinasEspido e ACadaCanto. Preséntase agora cun son e unha expresión artística máis madura e tamén máis atrevida; melódica mais arriscada. Un exercicio de inspiración para propoñer unha música chea de sinceridade que sorprenderá.

Pachi García é un compositor e produtor baezano que traballou con moitos dos artistas máis importantes do panorama nacional e que estivo nominado aos Premios Goya 2013 na categoría de Mellor Canción Orixinal. Nestes momentos está a xirar un disco dobre titulado "Recopilación de excesos emocionales", que reúne as súas mellores cancións reversionadas e cantadas a dúo con distintos artistas: Lori MeyersIván Ferreiro, Supersubmarina...

Pachi é un músico valente que elabora o seu pop artesanal mediante saltos mortais que evitan lugares comúns para soar orixinal e persoal, con peso afectivo pero sempre dende a luminosidade.

NOTA: ESTÁ TOTALMENTE PROHIBIDA A ENTRADA DE MENORES DE IDADE AOS CONCERTOS.

Esgotado

Lugar: Ádegas Martín Códax - Vilariño (Cambados)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.