Axenda

Uxía e Martirio
quinta feira 27 agosto 2015
Vistas : 324

Dous grandes artistas e tamén amigas compartindo escenario, talento e sensibilidade; unindo tradicións e facendo un camiño longo no seu percorrido xeográfico pero moi curto no debuxo das emocións, profundas e salvaxes, que as dúas interpretan de forma máis orgánica e natural, espindo a voz.

Martirio chega acompañada de Raúl Rodríguez e xuntos forman un dúo que atopa en Chavela Vargas a súa máis recente inspiración plasmada no traballo "Dun mundo raro", dez cancións que poden curar moitos males e que teñen a virtude de converter en dozura todo ese estraño ámbito onde habitan as paixóns fortes.

Uxía, a voz do Atlántico, leva máis de 25 anos de carreira artística e é unha das voces máis populares e valoradas da nosa lingua. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal. Uxía recolle nos seus composicións a esencia de todas esas experiencias que a levaron a un contacto permanente con músicos de culturas afíns.

NOTA: ESTÁ TOTALMENTE PROHIBIDA A ENTRADA DE MENORES DE IDADE AOS CONCERTOS.

Esgotado

Lugar: Ádegas Martín Códax - Vilariño (Cambados)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.