Axenda

Marcelo Dobode e Eliseo Parra
quinta feira 20 agosto 2015
Vistas : 427

Eliseo Parra creceu sempre acompañado pola música. Como músico profesional acompañou a Ovidi MontllorGato Pérez ou María del Mar Bonet, entre outros. A partir de 1983, co grupo Mosaico, empeza a facer música máis tradicional. Realizou tamén traballo de campo xunto a Jose Manuel Fraile e colaborou con el nos seus libros e discos como transcritor musical. Actualmente é un recoñecido profesor de percusión e canto tradicional.

Marcelo Dobode é un artista autodidacta formado polo pobo e para o pobo, con familia de músicos tradicionais. Actualmente leva o seu folclore ao punto máis actual, social e íntimo. Nas súas novas composicións fusiona ritmos tradicionais coas súas vivencias; traballo que tamén compaxina coa docencia.

NOTA: ESTÁ TOTALMENTE PROHIBIDA A ENTRADA DE MENORES DE IDADE AOS CONCERTOS

Dispoñible

Lugar: Ádegas Martín Códax - Vilariño (Cambados)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.