Axenda

Herbens Consort
domingo 11 outubro 2015
Vistas : 425

Domingo 11 de outubro >> 19.00 h

Herbens Consort …

/// Haendel mediterráneo Tres cantatas italianas de Georg Friedrich Haendel: Mi palpita il cor (HWV 132c), No se emendará jamás (HWV 140), O come chiare e belle (HWV 143)

Indra Sesti di Lucca, soprano

José Antonio Campo, tenor

Eliseu Mera, barítono

Felipe Rodríguez, frauta

Diego Rojo, arquilaúde

Beatriz Junco, violín barroco

Carlos García Amigo, viola de gamba, violonchelo, dirección

O Herbens Consort é un conxunto musical especializado no repertorio barroco, que se constituíu no verán de 2013 por iniciativa de Carlos García Amigo, Diego Rojo e Eliseu Mera, coa finalidade de participar no I Festival de Música de Herbón, As notas do pemento, do que se converteu no seu grupo residente. Esta formación pon un especial interese en potenciar a escoita da música en directo (#sempreunplugged). Cun ton desenfadado, ao tempo que co rigor que impón unha atenta escoita, os seus concertos teñen unha importante carga didáctica e facilitan o establecemento dun diálogo co público asistente, Domingo 11 de outubro >> 19.00 h Santa María de Aciveiro, Forcarei (Pontevedra) nun intento de aproximar persoas do século XXI a un período da música afastado no tempo, mais non na expresividade da linguaxe. De aí, que os seus membros se declaren #barrocoscomati; iso si, co debido respecto aos patróns estilísticos básicos da época. O programa escollido para esta ocasión achéganos á obra escrita á beira do Mediterráneo, polo compositor alemán Georg Friedrich Haendel, froito da súa estadía en Italia entre 1706 e 1710, a través de tres obras emblemáticas pertencentes ao corpus de cantatas italianas, dúas delas escritas nese período e, a terceira, Mi palpita il cor, composta xa en Inglaterra, pero debedora do estilo e refinamento desenvoltos polo autor ao seu paso por Italia.

Lugar: Santa María de Aciveiro (Forcarei)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.