Axenda

Óscar Ibáñez Trío
cuarta feira 28 outubro 2015
Vistas : 366

Óscar Ibáñez trío …

Mércores 28 de outubro >> 20.00 h

/// Xan Tilve, Gaiteiro de Campañó Arredor das gravacións históricas de Filgueira Valverde

Oscar Ibáñez, gaita tombal

Andrés Vilán, redobrante

Cristian Silva, bombo

Xavier Groba, palestra

A xornada de clausura do ciclo, centrada na figura do gaiteiro de Campañó, Xan Tilve, enmárcase na celebración do Día das Letras Galegas dedicado este ano a Xosé Filgueira Valverde. Filgueira, que fora director do Museo de Pontevedra, foi sempre moi consciente do valor etnomusicolóxico dos seus fondos e, a comezos dos anos corenta, ordena e publica o Cancioneiro Musical de Galicia, compilado por Casto Sampedro. No Cancioneiro son moitos os músicos mencionados, mais é destacado o papel que se lles outorga aos vellos gaiteiros do sur de Pontevedra, entre eles Xan de Campañó, activo aínda naquela altura, unha figura emblemática na zona por ser o gaiteiro das marchas de procesión do Corpus. Cos medios técnicos do estudio de Radio Pontevedra, Filgueira decide levar adiante unha Mércores 28 de outubro >> 20.00 h CLAUSURA Sexto Edificio do Museo de Pontevedra gravación documental insólita e de gran valor etnomusicolóxico: a marcha do Corpus tocada polo gaiteiro de Campañó e comentada ao vivo por el mesmo. A gravación, de 1947, impresiónase en discos de acetato en dúas copias: unha para o arquivo da radio, ata agora perdida, e outra para o arquivo do Museo de Pontevedra que, felizmente, aínda se conserva. Dous anos despois morría o gaiteiro de Campañó. O Museo de Pontevedra atesoura desde entón a súa gaita, recollida polo propio Filgueira Valverde. En 1999, Ramón Pinheiro, actual director de aCentral Folque, realiza un inventario dos rexistros fonográficos do museo, e promove a dixitalización do acetato de Filgueira e o gaiteiro de Campañó, seriamente estragado polo paso do tempo. Froito daquel traballo, aCentral Folque vén de editar un libro disco no que leva a cabo un estudo sobre a figura do gaiteiro e a contribución de Filgueira á súa documentación sonora. E coa presentación deste magnífico traballo e a nosa pequena homenaxe ao gaiteiro de Campañó e ao legado etnomusicolóxico de Filgueira Valverde, no ano da súa conmemoración, poremos fin a unha edición máis do festival. Para iso contaremos coa presenza de Xavier Groba, gran coñecedor dos fondos musicais da Colección Casto Sampedro e do papel que tivo a figura de Filgueira na súa divulgación. Pola súa banda, o virtuoso gaiteiro Óscar Ibáñez será o encargado de recuperar os sons das antigas gravacións para devolvelas á contemporaneidade, interpretadas coa gaita orixinal de Xan Tilve, acompañada da formación típica no seu tempo, o tambor e o bombo.

Lugar: Sexto Edificio do Museo de Pontevedra - Pontevedra
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.