Axenda

Certame Xuventude Crea
sábado 15 agosto 2015
Vistas : 340

Xuventude Crea: Erick Feles & amigos + Dani Font Dúo + Pi Graos

O venres, 15 de agosto, será a noite das bandas emerxentes. Os tres gañadores do certameXuventude Crea 2013 serán os encargados de poñerlle música ao Atardecer no Gaiás. A noite comezará con Erick Feles, músico e compositor venezolano asentado en Galicia debido a súa paixón pola gaita, deleitaranos coas súas fusións dos máis diversos estilos musicais: house, hip hop, dance, electro, dubstep, chill-out, folk… pero sempre levando a gaita como instrumento emblemático galego.

Tras el, será a quenda de Dani Font Duo. E para rematar, Pi Graos: un conxunto que se move entre o jazz contemporáneo e o latin progresivo, que ofrecerá temas do que será o seu primeiro traballo discográfico, Savor escríbese con V, e algún que outro clásico.

Lugar: Gaiás, Cidade da Cultura - Santiago de Compostela
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.