Axenda

V Festa do Miño
sábado 15 agosto 2015
Vistas : 226

sábado 15 de agosto do 2015 ás 22:30 h.
V Festa do Miño: Uxía & Narf + Pandeiromus
Paseo da Corredoira, Tui. De balde.

A Verbena Galega chega o sábado a Tui na súa xira na fin de semana das mil festas
O espectáculo chega á Festa do Miño da vila pontevedresa este sábado e terá lugar no Paseo da Corredoia ás 22:30.
As actuacións musicais de Uxía e Narf e Pandeiromus amenizarán a noite co mellor dos seus repertorios.
A Verbena Galega chega este venres ata Tui para deixar o seu inconfundible ritmo na festa do Miño. En Tui, o sábado a partir das 22:30 horas no Paseo da Corredoira, o público terá a oportunidade de vivir unha noite de música e baile galego, na que o dúo formado por Uxía e Narf e o grupo Pandeiromus serán os grandes protagonistas.
Nesta Verbena Galega da festa do Miño, Uxía e Narf interpretarán temas de 'As baladas da Galiza imaxinaria', un proxecto conxunto que naceu da primeira xira xuntos dos dous artistas por América Latina. Acolle temas clásicos do seu repertorio anterior e tamén algún novo. Pola súa banda, Pandeiromus interpretará tema do seu recente traballo, ‘Teño días’, que para os fans da Verbena Galega son coñecidos, pois foron adiantándoos neste formarto antes de publicar o disco en novembro do 2014. Tamén poderemos escoitar o seu repertorio clásico.

Lugar: Paseo da Corredoira - Tui
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.