Axenda

XIII Noite Folk Negreira 2015
sábado 22 agosto 2015
Vistas : 317

BUDIÑO-LEILÍA-LIMAGOIA
Chega unha nova edición da Noite Folk de Negreira nun ano moi especial, no que as pandereteiras nicrarienses Limagoia celebran o seu 25 aniversario. Farano na compaña do grupo de pandereteiras con maior traxectoria no nosos país: Leilía. No escenario estará ademais coa súa banda un dos gaiteiros de maior proxección internacional: Budiño.

XANTAR POPULAR
Nesta XIII edición a festa comezará ó mediodía, cun xantar popular que inclúe empanada, churrasco, pan, viño refrescos, postre e café por un prezo de 12€. Os tickets poden mercarse ata o 20 de agosto nos seguintes locais de Negreira: Cevecería A Vila, Cafetería O Cotón, Cervecería Trisquel, Gar Sport, Bar Casa da Cultura, Panadería Rïos,Noso Lar, Cafetería Abrente e Delegación de Cultura e Deportes do Concello.

FOLIADA DE TARDE
Ademais, como novidade, dende a organización fan un chamamento a aquelas agrupacións que queiran asistir ó longo da tarde a facer foliada. Os grupos participantes recibirán tíckets para consumir na barra e tamén se lles dará de cear gratuitamente. Para anotarse deben enviar un e-mail indicando o nome do grupo, de onde veñen e o número de membros que acudirán a tocar. A dirección de correo é Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Aquelas persoas que o prefiran poderán comunícalo directamente no departamento de Cultura e Deportes do Concello de Negreira.

A entrada é totalmente de balde. Haberá aparcadoiro vixiado e con luz e zona de acampada gratuíta.

Lugar: Negreira
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.