Axenda

Leilía
terza feira 25 agosto 2015
Vistas : 304

O vindeiro día 25 de agosto, Leilía levará os sons do seu último disco 'ConSentimento' á Praza do Tapal, en Noia. Será ás 23:00 horas e a actuación, organizada polo dito Concello, enmárcase nas festas da localidade. As pandeireteiras contarán coa colaboración da agrupación 'A Subela', do Liceo de Noia e a entrada será de balde.

Tal e como apuntan as cantareiras, “Noia é una localidade na cal nos atopamos moi agusto”, xa que unha das súas compoñentes, Felisa Segade, é profesora de canto e percusión tradicional na Agrupación 'A Subela', do Liceo de Noia. Así as cousas, ambas as dúas agrupacións interpretarán cinco temas en conxunto.

As compoñentes de Leilía chegan a Noia -despois de actuaren o pasado día 22 na XXIII 'Noite Folk de Negreira'- para engaiolar o público durante perto de hora e media co seu último traballo, 'ConSentimento', “un espectáculo no que grupo aúna respeto, coherencia e madurez”, indican as súas integrantes. 

A actuación está organizada polo Concello de Noia e conta coa colaboración Deputación da Coruña. A entrada é de balde.

Ademais de en Noia, as Leilía non deixan de facer soar as súas voces e ferreñas, xa que logo de actuaren o pasado día 28 de xullo nun festival en Suecia, e este pasado día 22 en Negreira, o 27 deste mes de agosto celebrarán un concerto no Centro de Interperetación de Tourón (Pontecaldelas) dentro do Ciclo Monumenta. Ademais, o 11 de setembro en Ribeira e o 11 de outubro en Narón.

Lugar: Praza do Tapal - Noia
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.