Axenda

Mini e Mero
quinta feira 20 agosto 2015
Vistas : 351

HOXE, MINI E MERO NO III CABODANO DE AVELINO POUSA ANTELO

A actuación de Mini e Mero, en Os Verxeis (Teo), lugar onde viviu Avelino, estará precedida da entrega do seu Caxato, que este ano recibirá a parroquia de Santa María de Arzúa. Continuará a homenaxe na Baña, cunha comida de irmandade e posteiormente traslado a Negreira para unha rolda de intervencións de Xoán Xosé Fernández Abella; Alfonso Blanco, Guillerme Vidal, X. Amancio Liñares Giraut e o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas.

Organiza Irmandade Avelino Pousa, Irmandade Manuel María Terra Chá e Asociación Cultural Xermolos.

Lugar: Os Verxeis - Teo