Axenda

Camarada Nimoy
sábado 12 Setembro 2015
Vistas : 403

"Alucinacións acústicas" concerto de presentación oficial do novo LP de Camarada Nimoy no Charenton.

Prezo da entrada: 5 €
Prezo do Cd: 10€
Prezo do vinilo (LP de cor laranxa, follas interiores con ilustracións, código de descarga) 17€
- comprando o CD ou o vinilo na porta o concerto é de balde -

ALUCINACIÓNS ACÚSTICAS (LP 2015 autoproducido)
.....................................................................................................

Camarada Nimoy gosta de presentarse cunha negación, dicindo o que non son e deixando á vez a vista as súas influencias e os seus gustos. Din que non son unha banda de surf, de kraut, de psicodelia, de jazz, de rock, de space age pop, de lounge, de exótica... pero moito gozan de todos e cada un destes xéneros.
A súa é unha proposta instrumental de son recoñecible coa que intentan ter amplitude de miras dentro das súas posibilidades. Un cóctel sonoro que serven dun xeito sinxelo sen moitas pretensións acompañado sempre de proxeccións nos seus directos que convirten os seus temas en bandas sonoras das súas elucubracións visuais, fundindo todo en imaxes, en paisaxes sonoras.

Teñen editado xa un LP en vinilo vermello homónimo autoproducido (setembro 2013) totalmente esgotado e agora presentan "oficialmente" en directo no Charenton (Vigo) o sábado 12 de xuño o segundo ( esta vez vinilo laranxa) chamado "Alucinacións acústicas". Pódese escoitar no seu bandcamp (camaradanimoy.bandcamp.com) e tamén reservalo para súa compra. 
Este segundo LP discurre por camiños máis psicodélicos que o anterior. Pretende romper un pouco os seus propios esquemas montados no primeiro e mostra unha nova visión do artefacto ao vivo con cambios na formación; C.N son un trío:

- Xoaquín Seoane á batería,
- Pablo Múñiz ás proxeccións, secuencias, teclados e baixo eléctrico,
- Paulo Pascual ás proxeccións, secuencias, theremin e guitarra eléctrica.

facebook.com/camarada.nimoy
camaradanimoy.bandcamp.com
twitter.com/CamaradaNimoy

http://www.metamovida.org/index.php?option=com_content&view=article&id=144&Itemid=262

Lugar: Charenton Clubcultura - Lavadores (Vigo)
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.