Axenda

Treixadura
domingo 06 Setembro 2015
Vistas : 220
TREIXADURA

Domingo, 6 Setembro as 00:00 h

Prezo da entrada GRATUITO

Boimorto, A Coruña.

 

Treixadura, 25 anos na música tradicional de Galicia

Presentación do seu novo traballo discográfico “Vendima tarda”

Treixadura celebra o seu 25 aniversario de traxectoria artística cun novo disco que resume a súa extensa carreira e inclúe algunhas pezas inéditas.

Treixadura constitúe dende 1990, un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Un tempo no que o grupo foi modelando o seu camiño, transformando o estilo, sen renunciar ao seu son característico. Fieis ao compromiso co seu público, tentando  elevar a interpretación da música tradicional ao máximo nivel artístico e escénico.

Ao longo da súa traxectoria son moitas as melodías que rescataron do anonimato e outras tantas creadas para que a cadea de transmisión da música tradicional continúe viva.

Un xeito de facer cunha personalidade moi característica, de enlazar a raíz musical da nosa cultura co xeito de entender hoxe a música tradicional.

25 anos de gravacións e concertos, 6 discos no mercado, unha variada gama de colaboracións discográficas, e vida en común. 25 anos compartindo co público o poder e a forza evocadora, máxica e reconfortante do canto colectivo.

Treixadura foi galardoado nos primeiros Premios Galegos da Música Martín Códax, entregados en decembro de 2013, como o Mellor Grupo de Música Tradicional Galega.

En 2014 recibiron a homenaxe da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística pola súa exquisitez no tratamento musical e escénico do noso folclore e o seu traballo a prol da recuperación da música tradicional galega.

Lugar: Boimorto
Utilizamos cookies

Utilizamos cookies no noso sitio web. Algunhas delas son esenciais para o funcionamento do sitio, mentres que outras axúdannos a mellorar este sitio e a experiencia do usuario (cookies de seguimento). Podes decidir por ti mesm@ se queres permitires o uso de cookies ou non. Ten en conta que, se as rexeitares, é posíbel que non poidas utilizar todas as funcións do sitio.